O próximo venres durante unha hora e media realizaremos unha sesión formativa centrada na importancia de ter en conta as neurodiverxencias a hora de practicar un deporte.
Dun xeito moi práctico os nosos formadores e formadoras falarán sobre estratexias concretas e aplicables no día a día dos adestradores que lles permitan ampliar a sua capacidade para xestionar e dirixir os nenos e nenas con neurodiverxencias.
Tamén se abordarán as principais características dos trastornos no neurodesenvolvemento máis habituais para que dese xeito sexan conocedores dos seus principais retos e desafíos.
