Dende a nosa asociación vimos de desenvolver actividades formativas dirixidas ao profesorado dos centros educativos da nosa Comunidade Autónoma.
O noso Plan de Formación está dirixido a docentes de todos os niveis e etapas do sistema educativo, non esquecendo que cada caso é sempre diferente dos demais e por iso debe ser abordado de xeito concreto.
Trátase de actuar na realidade dos distintos centros educativos, nas súas problemáticas concretas, aportando así unha guía e axudando ao profesorado, que día a día traballa cos nosos fillos e fillas, a comprender cal é o trastorno que padecen estes nenos e nenas, a comprendelo, a entender o porque de moitas das súas actuación e, sobre todo, a desenvolver estratexias para superar con éxito todos os obstáculos que cada día atopan no camiño.
O Plan de Formación de ANHIDACORUÑA consta de CUATRO MÓDULOS:
Dous deles dirixidos directamente ao profesorado: “Doce introdución á locura” e “Intervención pedagóxica na aula”.
Un dirixido ao grupo de alumnos que comparten diariamente a escola cos nenos con TDAH: “Sensibilización na aula”.
Un dirixido ás familias para garantir unha intervención compartida dende todos os ámbitos que rodean aos nenos.
Neste curso estamos a colaborar en actividades formativas con Centro de Formación e Recursos do Profesorado cunha gran acollida, co fin de chegar ao maior número de centros.
Se es mestre, e estás interesado en facer chegar a nosa proposta ao teu centro, pódeste poñer en contacto con nós a través da Coordinación de Formación na dirección:
helenaanhida@gmail.com