Novo curso online de Psicoeducación TDAH

En ANHIDACORUÑA estamos moi contentos de poder anunciar por fin o curso online de Psicoeducación TDAH. Tras facer probas neste tipo de formato e obter resultados satisfatorios abrimos este novo grupo a todas aquelas persoas que estén interesadas no tema, independientemente de que sexan socias ou non.

Que é a psicoeducación ?

Psicoeducación é unha palabra que fai referencia a información que se ofrece sobre un trastorno as persoas que o padecen ou a súa familia. O obxectivo deste curso é explicar con detalle qué é o TDAH, contextualizar determinados comportamentos que pode ter na casa o no escola e explicar a nivel cerebral como funciona unha persoa con TDAH. A partir de aquí poderemos entrar a falar de normas, límites, tipos de comunicación …

Azul Ilustración de Niños Primaria Clase Póster (1)

A emisión farase a través dunha plataforma que non precisa que os usuarios instalen nada nos seus dispositivos electrónicos, únicamente terán que clicar nunha ligazón que facilitaremos uns minutos antes de iniciar a emisión.

Temos en conta a privacidade dos usuarios e en ningún momento terán que expoñerse diante da cámara, pero si que poderán interactuar cos ponentes mediante os comentarios de texto que están habilitados.

Ademáis de todo isto para afianzar os coñecementos terase acceso a unha aula virtual na que se colgarán tarefas de repaso, materiales de ampliación e contidos relacionados ca materia que se esté vendo.

Para aquelas familias interesadas e que non poidan ver en directo (modalidade que é a que recomendamos) poderase ver en diferido polo menos durantes as 24 horas seguintes á emisión en directo.

Cando se realizará o curso?

O curso realizarasé en horario de 19:00 a 20:00 os días 11, 18, 22, 25 e 29 de Maio.

Qué preciso para poder acceder o curso?

Darte de alta e ter conexión a internet e un dispositivo electrónico (móbil, tablet, portátil, smart tv …)

Cal é o coste do curso?

O prezo varía en función de si a familia e socia de ANHIDACORUÑA ou non.

Prezo socios: 20€

Prezo non socios: 50€

Cómo me apunto?

Podes facelo por teléfono ou ben cubrindo o seguinte formulario de contacto, para as persoas que non sexan socias porémonos en contacto para explicarlles como se realiza o pago.

idiomas dispoñibles


Editar Tradución

Formamos parte da

Colabora connosco

Unable to display Facebook posts.
Show error

Error: Error validating application. Application has been deleted.
Type: OAuthException
Code: 190
Please refer to our Error Message Reference.

Uso de cookies

Este sitio emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies anteriormente mencionadas e aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies