Entrevista comunicación profunda

O venres 26 de Febreiro as 19:00 terá lugar a charla “Comunicación profunda na familia” no auditorio do Centro Cívico de Meicende. O igual que fixemos con anteriores charlas acercámonos a falar con Emma Pedreira e Daniel Patiño co obxectivo de que nos adianten algo de información sobre a charla. A continuación deixámosbos a entrevista completa.

A qué fai referencia o termo comunicación profunda?

A comunicación emotiva e profunda é aquela na que, o mesmo tempo que se dan datos, transmítense sentimientos, afectos, emocións e estados de ánimo do comunicador. Este nivel de comunicación na familia é fundamental para cubrir de forma axeitada as diferentes necesidades infantis.

Sobre qué temas falaredes na charla?

O obxectivo da charla é crear un espazo de reflexión sobre as necesidades infantis e os modelos educativos que os capacitan para facer fronte ás dificultades da vida, é dicir,, que construen resiliencia.

Por qué é beneficioso para os nenos/as ter desde pequenos/as espazos de comunicación profunda?

As investigacións científicas das últimas décadas demostran a importancia que ten para o desenrolo sano, físico e mental dos nenos e nenas, non só unha alimentación adecuada e uns coidados básicos, sino tamén o feito de ser criados e educados nun ambiente de aceptación, respecto, afectividade e estimulación. Estos coidados teñen un papel fundamental na organización, a maduración do funcionamiento do cerebro e do sistema nervioso, especialmente nos primeiros anos de vida.

Os pais, as nais ou os adultos de referencia, deben satisfacer como pouco catro necesidades básicas: afecto, comunicación, apoio nos procesos de desenrolo e estructura. Se se comunican cos seus fillos nun ambiente de escoita mutua, respeto e empatía, pero mantendo unha xerarquía de competencias, atopámonos ante un modelo educativo adecuado.

banner

Nos teempos que corren é posible adaptar os nosos ritmos para conseguir unha comunicación profunda?

Os pais deben ofrecer espazos de comunicación seguros para os seus fillos, buscando actividades e tempos que permitan comunicar afectos, sentimentos e emocións. Cada familia debe buscar un momento de intimidade en base as suas necesidades. (por exemplo, sobremesa do domingo, cena diaria, excursión en familia …)

Podería decirse que esta charla é unha continuación da charla sobre habilidades sociais en chic@s con TDAH?

As técnicas para mellorar as habilidades sociais traballadas na charla anterior son fundamentales nun espacio de comunicación profunda. É importante expresar emocións e sentimientos pero dun xeito adecuado, respetuoso e constructivo.
Na charla realizaranse dinámicas para reflexionar sobre emocións que poden derivar en conductas que provocan conflicto e técnicas para tomar consciencia e manexar esas situacións.

A quén está dirixida a charla?

A charla está especialmente dirixida para familiares e profesionais relacionados co TDAH

idiomas dispoñibles


& Nbsp; Editar Tradución

Formamos parte da

Colabora connosco

Unable to display Facebook posts.
Show error

Error: Error validating application. Application has been deleted.
Type: OAuthException
Code: 190
Please refer to our Error Message Reference.

Uso de cookies

Este sitio emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies anteriormente mencionadas e aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies