Adicado as nais de ANHIDACORUÑA

Despois de sete anos a fronte de ANHIDACORUÑA e ter escoitado a máis de 3000 familias, podo decir que sigo crendo na coraxe e a forza das nais dos rapaces con TDAH e con TND que temos na nosa asociación. Mulleres traballadoras incansables que merecen a dedicación, non de un!, senon dos , 365 días do ano e con un afán de superación do día a día, que é difícil de entender pola sociedade en xeral.

Fai uns días, a familia dun chico moi especial acercouse o meu despacho para pedir axuda o seu fillo, tal como fan tódalas familias que coñecen a nosa existencia e creen que podemos botarlles unha man nos problemas que a administración e profesionais privados non lles resolven.

Tratábase dun dos casos máis graves que escoitei nos anos que levo a fronte desta asociación.

Viñan cun diagnostico na man e despois de dar moitas voltas, a súa pregunta era a de todos e a de sempre:

E agora qué facemos…?

Tal e como lles sucede a todalas familias as que os seus fillos son diagnosticados con este Trastorno.

Moitas dstas familias, intentan resistirse a medicar os seus fillos, según normalmente lles recomendan os especialistas médicos, e buscan en nos, esa axuda Psicopedagóxica antes de entrar en medicacións. Con cariño, sempre lles explico que nos intentaremoslles axudar, pero que nunca opinaremos se o seu fillo faille falta a medicación ou non.

Esta reacción é inevitable. Todos tiveron que superar o trance dun diagnostico dunha enfermidade mental e non entenden cómo enfrentarse a unha educación diferente para este fillo.

Si ser pais non é doado, ser pais de rapaces con TDAH é para nota alta.

Despois do nacemento do neno, nada volverá a ser igual nesa casa. As normas sociais que habituais terán que ser modificadas. Todo cambia; afectanlles cousas diferentes, síntense observados, como se sempre estivera alguen examinándolles de ser pais.

Despois de tantos anos, puiden constatar que nun porcentaxe moi alto, son as nais as que capitanean o barco para sacar adiante o seu fillo con TDAH.

É esa nai especial a que busca información, a que intenta aprender cómo axudar o seu fillo, a que intenta aprender a ser mestra, terapeuta, enfermera…. Cando naceu o seu fillo, ela estaba disposta a ser simplemente nai pero, as dificultades na convivencia familiar mostráronlle que ten que admitir que necesita axuda de profesionais externos que lle axuden a ter un futuro feliz. Non é doado, ten que permitir que un extraño evalúe e ademáis, de instruccións do que é correcto para poder educar o seu fillo.

laughter-775062_640

Estas nais, sientense presionadas e evaluadas por todo o entorno social, escolar e familiar. Nos centros educativos son xuzgadas polos profesores e outras nais de compañeiros do seu fillo. Síntense soas cando van a reunións de pais e non se atreven a preguntar porque as outras nais falan de obxetivos académicos e ela preguntaría pola metodoloxía da evaluación dun rapaz especial, diferente e … non se atreve!

Tampouco podemos falar so de aspectos negativos. Non todo é tan malo. Estas nais teñen importantes satisfaccións que moitas outras non saben apreciar. Valoran todolos pequenos obxetivos alcanzados cos seus rapaces e acuden á asociación xunto con outras nais para que lles axudemos a aceptar e entender as diferencias dos seus fillos. Aprenden que ser diferente non é tan malo se aprendemos a convivir con iso. Aprenden que hai que ser realistas, que hai que plantexar obxetivos alcanzables e que non hai nada peor para o seu fillo que as comparacións. O principal obxetivo que lles plantexamos desde ANHIDACORUÑA é que intentaremos poñer tódolos medios posibles, con profesionais e terapias, dirixidos a que elas e os seus fillos poidan ser felices.

Gracias a tódalas nais con rapaces con TDAH por ser tan especiais

Un saudo

No Comments Yet

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

idiomas dispoñibles


&amp; Nbsp; Editar Tradución

Formamos parte da

Colabora connosco

Uso de cookies

Este sitio emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies anteriormente mencionadas e aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información.plugin cookies