Charla: É o TDAh realmente un problema das neuronas??

Nesta charla que terá lugar o venres 15 de Abril as 19:00 no Colexio de Médicos de A Coruña, o Doctor e Catedrático de Fisioloxía da UDC Javier Cudeiro daranos unha visión desde o punto de vista neurolóxico do funcionamiento dun cerebro disfuncional. O longo de todala exposición explicaranos algunhas das diferencias no referido a Cómo pensan? e Cómo actúan? as persoas que teñen un funcionamento normal do cerebro e aquelas que presentan un cerebro disfuncional.

A charla é apta para tódolos públicos, ainda que non teñan grandes coñecementos sobre o tema a tratar., xa que en todo momento Javier Estévez fará preguntas sobre aspectos que poidan xerar dúbidas ou necesitar unha explicación extra para unha perfecta comprensión.

carteltdahproblemaneuronasfgdint

A continuación deixamos unhas preguntas realizadas ao Dr. Javier Cudeiro para ampliar un pouco máis a información sobre a charla “É realmente o TDAH un problema das neuronas??”

Qué quere decir que un cerebro é disfuncional?

Para “construir” o noso cerebro necesitamos dous grandes compoñentes: a información xenética e a relación co entorno. Ambos fan que o longo do desarrollo establezanse as conexións adecuadas e na cantidade adecuada entre os, aproximadamente, oitenta mil millóns de células nerviosas (as neuronas) que forman o noso sistema nervioso. Necesitamos, por tanto, un cableado preciso no interior da nosa cabeza pero tamén necesitamos que esa enorme e complexa rede de conexións funcione con normalidade. Isto é, no orden preciso, no momento adecuado e cun equilibrio entre as distintas zonas dependendo da actividade que se realice. Para iso é moi importante que as células entre sí e as distintas partes da rede entre sí usen os sistemas de transmisión química axeitados; estes son os sinais que unha neurona pásalle a outra para comunicarse. É un cerebro disfuncional pode ocurrir que as conexións establecidas non sexan as correctas ou que, ainda estando ben o cableado, o funcionamento dos circuitos é erróneo porque a secuencia de activacións no tempo non é a normal ou porque os mediadores químicos non realizan correctamente a súa función.

O TDAH é unha disfunción do cerebro?

Ainda que non sabemos exactamente cal é a etioloxía (a causa) ou a fisiopatoloxía (a que funciona mal), os datos dispoñibles apuntan a que o TDAH é unha disfunción cerebral, é dicir,, non afecta a unha neurona ou a un grupo reducido de neuronas, senon que reflexa un mal funcionamento de varias redes neuronais (e os seus neurotransmisores).

Se as personas con TDAh teñen un mal funcionamento do cerebro eso quere decir que son menos intelixentes que as personas que non o teñen?

non, en absoluto, simplemente o funcionamento das redes neuronais implicadas é diferente. Sería como decir que dado que o TDAH representa un mal funcionamento das partes do cerebro que xestionan, por exemplo, o control das tarefas, os afectados non poden ver en cor. Son redes diferentes.

Se o TDAH é un problema das neuronas hai algo que se poida facer para mellorar ou aprender doutro xeito?

Unha vez que aceptamos que se trata dun problema do funcionamento neuronal, en principio a respuesta debería ser sí. Depende, por suposto, da nosa capacidade de identificar con exactitude cales son os circuitos e redes alteradas e cales son os neurotransmisores afectados. Desde ese momento poderemos intentar restablecer o equilibrio do sistema mediante aproximacións psicolóxicas, do traballo social (familiar e do entorno), con fármacos e tamen cas modernas técnicas de estimulación cerebral non invasiva que permiten modificar o funcionamento das redes neuronais seleccionadas. Polo momento estas técnicas están en fase experimental para o TDAH pero acadáronse resultados alentadores para mellorar a memoria de traballo ou para tratar as patologías que se poden presentar o mesmo tempo, como a depresión ou os trastornos obsesivos-compulsivos.

,en

1 Comment

  1. Pedro
    5 abril, 2016 & Nbsp; & nbsp; & nbsp;

    Eu quero que podería queimar e estendeuse máis tarde. así, deixe-me saber por favor.

idiomas dispoñibles


& Nbsp; Editar Tradución

Formamos parte da

Colabora connosco

Unable to display Facebook posts.
Show error

Error: Error validating application. Application has been deleted.
Type: OAuthException
Code: 190
Please refer to our Error Message Reference.

Uso de cookies

Este sitio emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies anteriormente mencionadas e aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies