A continuación tendes/tedes un listado das actividades que se levarán a cabo durante este curso. Para obter máis información sobre cada unha delas é suficiente con facer clic sobre o nome da mesma..
Obradoiros psicopedagóxicos: Para nenos/as a partir de 6 anos de idade. A finalidade destes obradoiros é aportar ás persoas con TDAH as estratexias necesarias para poder estar integrados socialmente.
Obradoiro de mozos: Unha continuación dos obradoiros psicopedagóxicos para aqueles socios que xa cumpriron 18 anos de idade. No obradoiro continúan coa aprendizaxe de estratexias útiles para a súa vida diaria..
Obradoiro de reeducación pedagóxica: En este taller preténdese axudar a os mozos/as de xeito individualizado, intentando que adquiran ferramentas útiles para que poidan desenvolver con éxito as súas actividades escolares e optimizar os resultados académicos.
Obradoiro de control de impulsos a través do teatro para adolescentes: Para este taller aplícanse técnicas e dinámicas propias da arte dramática para aproveitar as cualidades dos nosos mozos e traballar a súa dificultade de control.
Obradoiro de control de impulsos a través do teatro para pais: O obxectivo deste taller é principalmente lograr que os pais e nais poidan facer intervencións educativas cunha carga emocional adecuada..
Grupo de axuda mutua para adultos con TDAH: O grupo de axuda mutua (GAM) para persoas adultas ten como finalidade intercambiar experiencias de éxito
que nos axuden a superar as dificultades que se nos presentan no día a día .
Obradoiro de pais: Nos obradoiros de pais que se realizan de xeito mensual teñen o obxectivo de proporcionar unha base de coñecemento do TDAH e explicar e traballar distintas estratéxicas pedagóxicas que axuden no día a día..
Obradoiro de deporte integrado: No obradoiro de deporte integrado que se realiza de xeito semanal búscase mellorar o autocontrol emocional e a impulsividade mediante o deporte..
Obradoiro de lectoescritura con Seven: Mediante Seven (o can de terapia da asociación) trabállase co fin de mellorar as habilidades dos participantes no área da lectoescritura realizando actividades específicas nas que Seven participa activamente.
Obradoiro de capoeira: Neste obradoiropretende deesarrollar una actitud responsable de respeto hacia los demás, que favorezca un clima propicio para la libertade personal, el aprendizaje e a convivencia a través de la capoeira.
Os obradoiros e actividades que figuran a continuación teñen lugar en momentos determinados ao longo do curso. Si estades interesados en participar nalgún deles cando se realicen podedes poñervos en contacto connosco a través do noso formulario web.
Obradoiro de memoria con Seven: A través do can de terapia de ANHIDACORUÑA traballarase a memoria, que é unha das maiores dificultades dos mozos/as con TDAH.. . O can participará activamente nas dinámicas facéndoas motivadoras e atractivas para os/as nenos/as.
Obradoiro de habilidades sociais: Este taller ten por obxectivo fundamental dotar de instrumentos necesarios a nenos e mozos co obxectivo de que adquiran as competencias necesarias para un mellor desenvolvemento humano e afrontar de maneira efectiva os retos da vida diaria
Se están interesados en acudir ou necesitan máis información, poden enviar unha mensaxe a través do noso formulario web