Actividade fin de curso 2017/18

cartel fin de curso

ACTIVIDADE FIN DE CURSO

Nesta ocasión e tras as últimas duas actividades de fin de curso que non se fixeron por falta de interese entre as familias, a pesar de todo o traballo e tempo que o equipo de ANHIDACORUÑA invirte en preparalas, decidimos cambiar o formato da actividade para este ano e así tratar de colleitar más éxito de asistentes.

A continuación explicamos o lugar de realización, horarios e requisitos para participar

LOCALIZACIÓN

O lugar de encontro será na asociación AMADAHI, ca que temos desde este curso un acordo de colaboración. AMADAHI está situada na Costa de Dexo (preto de Mera), que é moi singular no referido a hábitats e ecosistemas , e iso, xunto a paisaxe e a súa xeo-morfoloxía foron as razóns polas que, no ano 2000, declarouse monumento natural.

Na zona contamos con moitos camiños e senderos que dan o bosque e o mar, as charcas, o molino… con moitas paradas especiais.

A localización exacta podédela consultar neste enlace

HORARIO:

O horario completo da actividade é de 11:00 a 17:00. Ainda que hai posibilidade de inscribirse so de mañán (11:00 a 14:00, opción con comida) o so de tarde de (14:00 a 17:00).

É moi importante que o indiquedes na propia inscripción xa que las actividades que se realizarán dependen moito donúmero de asistentes no turno de maña e o de tarde.

QUÉ HAI QUE LEVAR?

É importante que tódalas familias que queden a comer leven algo que se poida compartir co resto de familias asistentes. A idea é poder disfrutar dun bo momento todos xuntos compartindo non só historias e anécdotas senon tamén costumes e gustos gastronómicos.

Ademáis, é recomendable levar ropa e calzado cómodo xa que haberá unha parte de caminata importante ( os tacóns deixámola para outro día, … se vos parece ben)

INSCRIPCIÓN

Para realizala inscripción é dabondo con acceder e completar no seguinte enlace, de ese modo o equipo de ANHIDACORUÑA poderá comezar a preparar tódalas actividades de ese día tendo en conta o número de asistentes para cada unha delas.

idiomas dispoñibles


& Nbsp; Editar Tradución

Formamos parte da

Colabora connosco

Unable to display Facebook posts.
Show error

Error: Error validating application. Application has been deleted.
Type: OAuthException
Code: 190
Please refer to our Error Message Reference.

Uso de cookies

Este sitio emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies anteriormente mencionadas e aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies