ANHIDACORUÑA é unha Asociación sen ánimo de lucro que constitúe unha Gran Familia formada por persoas afectadas por TDAH, ademais de profesionais e voluntariado implicado e comprometido co noso labor social. xa que tentan mellorar as condicións de vida das persoas que presentan esta patoloxía..
Esta asociación é aberta e funciona desde o agarimo e o esforzo de moitas persoas afectadas e familiares que, con moito entusiasmo, dedicamos o noso tempo e traballo para conseguir uns obxectivos colectivos sen ningún tipo de proveito persoal, nin interese económico.
Un dos obxectivos principais está orientado a servir de ligazón para que poida existir unha comunicación fluída entre pais, , profesionais da educación e profesionais da saúde, polo que, ofrecemos programas de formación diferentes para cada unha destas partes implicadas.
Ademáis, cremos que é fundamental sensibilizar e informar á opinión pública e institucións do que significa padecer esta sintomatoloxía, aínda que, non sempre derive nun trastorno, en calquera que sexa a afectación do paciente.
EÉ importante que todos entendamos que a asociación non é un equivalente a un gabinete privado e que para formar parte de ANHIDACORUÑA hai que ter ganas de participar activamente para lograr a mellor evolución posible na vida das persoas con TDAH . A colaboración de todos, é o máis importante.
Esperámosvos e aproveitamos a ocasión para agradecer a todos os que colaborades connosco na inclusión das persoas con diversidades funcionais
Un saudo
Pilar Castiñeira Chamorro
Presidenta de ANHIDACORUÑA
Vicepresidenta e Responsable do área educativa de FEGADAH