Nos últimos anos ANHIDACORUÑA aproveitaba os meses de veran para realizar unha serie de conferencias baixo o título “O TDAH non se vai de vacacións”. Nesta ocasión é debido as circunstancias propias do momento que estamos a vivir tivemos que buscar unha alternativa para poder impartir estas conferencias.
O venres día 4 de Setembro as 18:00 realizaremos a conferencia “E se nos pechan o centro educativo?? Kit de ferramentas para non morir no intento”, será online para poder chegar a todo o mundo e haberá posibilidade de seguila en directo e así poder participar e facer preguntas ou ben de vela en diferido posteriormente e ata o domingo 7 de Septembro
O acceso farase mediante un link que enviaremos ese mismo día os teléfonos das persoas inscritas, non se precisará de ningún programa específico nin se terá acceso o micrófono nin a cámara dos vosos dispositivos electrónicos.
O obxectivo desta conferencia é reflexionar sobre a posible situación que volverían a vivir as familias no caso dun peche temporal do centro educativo, desgranando unha serie de estratexias que permitan manter a paz familiar a vez que se avanza tanto no plano académico como no plano profesional dos seus proxenitores..
A conferencia terá un coste de 5€ para os socios e de 10€ para as personas que no sexan socias de ANHIDACORUÑA. Para inscribirse tedes que cubrir o seguinte formulario e posteriormente contactaremos con vos