Conferencia Mama, quero ser youtuber!

Despois de realizar fai unhas semanas a conferencia “ Deixa xa de xogar!! e seguindo o ciclo de conferencias “O TDAH non se vai de vacacións” que ANHIDACORUÑA ten planificado para o periodo estival, continuamos nesta ocasión con: “Mamá, quero ser youtuber!, esta conferencia que terá lugar o día 16 de agosto, no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, Concello de Culleredo. Mira aquí a súa localización exacta

cartel

Os ponentes serán dous membros do equipo de profesionais de ANHIDACORUÑA: Raúl Taboada e Juan Ramos, que durante o ano lectivo encargáronse de traballar con algúns adolescentes da ANHIDACORUÑA.

É normal escoitar a estes rapaces dicir, ou pensar, esa frase de “vou ser youtuber”, “quero ser youtuber” … Nesta conferencia profundizaremos no relacionado non só con youtube e o fenómeno youtuber, senon con todo o que está involucrado en dito proceso de elección da súa profesión futura: autoestima, circuitos de recompensa (alterados en persoas con TDAH), aprendizaxe vicario, diferenzas e similitudes entre endogrupo e exogrupo … Todas estas explicacións con base científica serán tratadas para que tódolos asistentes entendan o que lles está pasando a eles mesmos, as súas fillas, familiares ou amigas.

A conferencia está pensada para que poidan asistir rapazas e rapaces a partir de 12 anos, nais e pais de fillos con ou sen TDAH, mestres e profesores que queiran comprender que está sucedendo con sus alumnos e youtube … En definitiva, é unha conferencia abierta a tódolos públicos.

A asistencia é gratuita, pero debes realizar a inscripción a través da seguinte ligazón , xa que o aforo é limitado e na anterior conferencia xa se esgotaron as plazas.

idiomas dispoñibles


& Nbsp; Editar Tradución

Formamos parte da

Colabora connosco

Unable to display Facebook posts.
Show error

Error: Error validating application. Application has been deleted.
Type: OAuthException
Code: 190
Please refer to our Error Message Reference.

Uso de cookies

Este sitio emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies anteriormente mencionadas e aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies