Este verán ANHIDACORUÑA repetirá o ciclo de conferencias “O TDAH non se vai de vacacións” tras o gran éxito acadado o pasado ano enchendo o aforo nas conferencias organizadas. Podedes ver como foron ditas charlas nas seguintes ligazóns
Deixa xa de xogar!! , ¡Mamá, quero ser youtuber!
O ciclo de conferencias volverase a realizar en colaboración co Concello de Culleredo e, comenzará o martes 30 de Xullo as 19:00 no Edificio de Servizos Múltiples de Culleredo cá conferencia “Ponte nos meus zapatos, o TDAH a través dos meus ollos”, impartida por Ana Cristina Diez de la Flor e Belén Manzano Méndez, ambas psicólogas xerais sanitarias especializadas en trastornos do neurodesarrollo e atención á diversidade.
Na conferencia abordarase o TDAH desde outra perspectiva, xeralmente fálase desde un punto de vista científico, nesta ocasión búscase escoitar en primeira persoa como o TDAH afecta o longo da vida en diferentes etapas da vida, por iso contarase ca testemuña en primeira persoa de persoas que conviven co trastorno apoiando ditas intervencións cun marco teórico que permita comprender mellor o TDAH.
Debido a que o aforo é limitado, poder asistir é esencial cubrir o seguinte formulario, dito formulario pecharase automáticamente o esgotar as plazas dispoñibles.
Para cualqueira dúbida podedes contactar con secretaria de ANHIDACORUÑA no teléfono 981 903 830 en horario de mañas.