O taller de pais que organiza ANHIDACORUÑA ten como principal obxectivo axudar ás familias de nenos/as afectados por TDAH naquelas dificultades propias da convivencia con este trastorno. Durante o transcurso do taller dotarase ás familias de estratexias e técnicas concretas que lles serán útiles para poñer en práctica na convivencia diaria cos seus fillos/as.
Ademáis, queles pais que teñan aos seus fillos/as apuntados no taller psicopedagógico de ANHIDACORUÑA serán informados dos obxectivos que se están traballando nos mesmos, ademais da evolución a nivel grupal do devandito taller.
Ao longo dos talleres búscanse traballar as áreas nas que os pais necesitan máis axuda, algunhas delas son as seguintes:
- Estilos parentais
- Pautas educativas
- Técnicas de resolución de conflictos
- Escoita activa
- Comunicación asertiva
- Estratexias pedagóxicas básicas
- Tolerancia a frustración
A metodoloxía de aprendizaxe que se utilizará neste taller será a seguinte:: Impartiranse conceptos teóricos básicos que levarán á práctica mediante exemplos e dinámicas lúdicas, co fin de aproveitar mellor o taller e asimilar rapidamente os conceptos"
Información de interese:
Obradoiro dirixido a pais e nais de ANHIDACORUÑA
Duración sesións: 1 hora e media
Temporalización: Consultar as fechas xa fixadas no noso calendario
Se están interesados en acudir ou necesitan máis información, poden enviar unha mensaxe a través do noso formulario web, clicando aquí