Obradoiro de mozos

O taller destinado a mozos ten como obxectivo principaldotar aos asistentes das  ferramentas básicas para unha boa integración na sociedade actual. l. Trátase de crear un espazo de interacción no que se traballen diferentes cuestións relacionadas con problemáticas que poidan xurdirlles nas súas relacións persoais e na vida cotiá.

A metodoloxía será principalmente práctica e vivencial aínda que, tamén haberá partes teóricas que axuden a entender o por que das diferentes actividades que se propoñan e, así, comprender a importancia do uso destas na nosa vida diaria. A través do traballo en grupo preténdese crear un ambiente cómodo e distendido no que se fomente a participación dos usuarios centrándonos sempre nas necesidades individuais de cada un deles e tentando integralas nas necesidades do grupo.

TDAH031

Algunhas das áreas que se traballan:

  • Comunicación: mediante a cal conseguiremos unha aprendizaxe óptima. A comunicación é básica para a adquisición do resto de habilidades.
  • Habilidades sociais: é primordial para a interacción cos demais. Esta área axuda a traballar problemáticas relacionadas tanto co TDAH como co control de impulsos, capacidade de frustración, empatia, etc.
  • Resolución de conflictos: inclúe ensinar ao participante aqueles comportamentos que ha de dominar para integrarse na sociedade. Por tanto inclúense habilidades requiridas para o desenvolvemento das relacións interpersoais: conversacións, peticións, etc.
  • Xestión de emocións: Preténdese adquiran modos socialmente aceptables de expresar as súas emocións e de recibir emocións dos outros. Tamén deben aprender a defender os seus dereitos dunha forma asertiva, respectando os dereitos dos demais.

Algúns dos beneficios deste taller son:

  • Fomento das relacións entre iguais
  • Aprendizaxe de recoñecemento das emocións básicas
  • Adquisición de alternativas de comportamento adecuado
  • Desenvolvemento de estratexias para resolver situacións de conflito

Información de interese:

Obradoiro dirixido a mozos socios ANHIDACORUÑA

Idade: a partir de 18 anos

Duración sesións:1 hora e 30 minutos

Temporalización:sesións semanais.

Se están interesados en acudir ou necesitan máis información, poden enviar unha mensaxe a través do noso formulario web, clicando aquí

idiomas dispoñibles


& Nbsp; Editar Tradución

Formamos parte da

Colabora connosco

Unable to display Facebook posts.
Show error

Error: Error validating application. Application has been deleted.
Type: OAuthException
Code: 190
Please refer to our Error Message Reference.

Uso de cookies

Este sitio emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies anteriormente mencionadas e aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies