O taller de habilidades sociais ten por obxectivo fundamental dotar de instrumentos necesarios a nenos e mozos co obxectivo de que adquiran as competencias necesarias para un mellor desenvolvemento humano e afrontar de maneira efectiva os retos da vida diaria, así como de expresar os seus propios sentimentos , necesidades e opinións podendo desenvolver un manexo adecuado das emocións.
A metodoloxía será eminentemente práctica e vivencial. A través do traballo en grupo se prentende crear un ambiente cómodo e distendido no que se fomente a participación dos beneficiarios mediante xogos e actividades que fagan que a aprendizaxe sexa dinámico e divertido.
Algunhas das áreas que se traballan:
- Comunicación: mediante a cal conseguiremos unha aprendizaxe óptima. A comunicación é básica para a adquisición do resto de habilidades.
- Resolución de conflictos: inclúe ensinar ao alumno aqueles comportamentos que ha de dominar para integrarse na sociedade. Por tanto inclúense habilidades requiridas para o desenvolvemento das relacións interpersoais: conversacións, peticións, etc.
- Relacións sociais: é primordial para a interacción cos demais. Esta área axuda a traballar problemáticas relacionadas co TDAH como o control de impulsos, capacidade de frustración, empatia, etc.
- Xestión de emocións: Preténdese que aprendan modos socialmente aceptables de expresar as súas emocións e de recibir emocións dos outros. Tamén deben aprender a defender os seus dereitos dunha forma asertiva, respectando os dereitos dos demais.
Algúns dos beneficios deste taller son:
- Fomento das relacións entre iguais
- Aprendizaxe de recoñecemento das emocións básicas
- Adquisición de alternativas de comportamento adecuado
- Desenvolvemento de estratexias para resolver situacións de conflito
Información de interese:
Obradoiro dirixido a nenos/as e adolescentes socios ANHIDACORUÑA
Idade: a partir de 6 anos
Duración sesións:1 hora e 30 minutos
Temporalización:sesións semanais.
Se están interesados en acudir ou necesitan máis información, poden enviar unha mensaxe a través do noso formulario web, clicando aquí