Coa actividade de Capoeira preténdese desenvolver unha actitude responsable de respecto cara aos demais, que favoreza un clima propicio para a liberdade persoal, a aprendizaxe e a convivencia, ao mesmo tempo que se estimula a iniciativa persoal e o hábito de traballo en equipo aceptando as normas e regras que previamente se establezan.
A Capoeira é un achegamento divertido, dinámico e de reto cara ás artes marciais para os nenos/as, novos e adultos que teñen moita enerxía e quérena aprenden a canalizar.
A metodoloxía de traballo céntrase principalmente en:
-
Potenciar a igualdade como base do respecto mutuo e a convivencia, fomentando o respecto ás diferenzas.
-
Dedicar especial atención ás diferentes relacións que se dean entre os participantes xa que se pretende que a actividade sexa un lugar de encontro e interacción.
-
Seguir un proceso de avaliación continua para unha mellor adaptación e desenvolvemento da actividade.
Os principais beneficios que se van a conseguir neste taller serán;
A nivel relacional:
-
Integración, compañeirismo, respecto, tolerancia e empatía.
A nivel psico-motor:
-
É un dos deportes máis completos, xa que traballa con todos os músculos do corpo e potencia o uso do cerebro.
-
Axuda a traballar o control de impulsos e aprender a canalizar a enerxía de forma positiva.
A nivel individual:
-
Proporciona unha visión diferente baseándose no esforzo e a superación persoal.
-
Axuda a adquirir valores e principios fundamentais para afrontar problemáticas ou dificultades que poidan xurdir na vida cotiá.
-
Fomenta a tolerancia e o respecto cara aos demais.
A nivel físico conséguese:
-
Resistencia aeróbica e anaeróbica
-
Flexibilidade.
-
Resistencia muscular.
-
Aumento de reflexos.
-
Forza e axilidade
-
Equilibrio, coordinación e ritmo.
-
Tempo de reacción simple e complexo
Información de interese:
Obradoiro dirixido a nenos/as, adolescentes e adultos socios ANHIDACORUÑA
Idade: a partir de 6 anos
Duración sesións: 45 minutos
Temporalización: 2 sesións semanais
Se están interesados en acudir ou necesitan máis información, poden enviar unha mensaxe a través do noso formulario web, clicando aquí.
,en