Podes descargar toda a información relativa o Grupo de Axuda Mútua para adultos con TDAH en formato .pdf facendo clic na imaxe da esquerda.
,en
A nosa asociación organiza reunións para adultos que sofren TDAH e que foron diagnosticadeos/as recentemente, a miúdo despois de que o detectaran nalgún dos seus fillos/as.
O grupo de axuda mutua (GAM) para persoas adultas ten comofinalidade intercambiar experiencias de éxito que nos axuden a superar as dificultades que se nos presentan no día a día .
Procuramos dotarnos de ferramentas para superar os problemas derivados da falta de atención e concentración, da impulsividade
Este curso 2014/2015 traballamos concretamente :
Técnicas de plan e xestión do tempo
Técnicas de resolución de problemas
Técnicas de autocontrol
Adestramento en habilidades sociais
Consellos para a mellora da ansiedade
A forma de traballo é totalmente participativa. A monitora desenvolve durante uns minutos o tema que seleccionamos e a continuación xérase un debate no que interveñen libremente os participantes.
Sobre a utilidade destas sesións queremos que sexan as persoas participantes durante o curso pasado as que opinen:
"Foron sesións moi proveitosas. Puxen en práctica cousas que alí se dixeron. . Espero con ganas o regreso” (B…)
“Grazas a estes GAM seguimos con ganas de seguir pelexando e aprendendo…Necesito a dose de razoamento que me dades tod@s” (A…)
“O punto forte do GAM é que é ese sitio onde poder sentirse ti mesma. Entendida, comprendida e apoiada… Moito máis do que nos atopamos ao longo da nosa vida” (T…)
“O GAM é unha bocanada de aire fresco nas nosas vidas un tanto caóticas” (P…)
Información de interese:
Obradoiro dirixido a adultos con TDAHsocios ANHIDACORUÑA
Idade: a partir de 18 anos
Duración sesións: 1 hora e media
Temporalización: Sesións quincenais que levan a cabo ao longo do curso escolar
Se están interesados en acudir ou necesitan máis información, poden enviar unha mensaxe a través do noso formulario web, clicando aquí