Formación en centros

Dende a nosa asociación vimos de desenvolver actividades formativas dirixidas ao profesorado dos centros educativos da nosa Comunidade Autónoma.

O noso Plan de Formación está dirixido a docentes de todos os niveis e etapas do sistema educativo, non esquecendo que cada caso é sempre diferente dos demais e por iso debe ser abordado de xeito concreto.

Trátase de actuar na realidade dos distintos centros educativos, nas súas problemáticas concretas, aportando así unha guía e axudando ao profesorado, que día a día traballa cos nosos fillos e fillas, a comprender cal é o trastorno que padecen estes nenos e nenas, a comprendelo, a entender o porque de moitas das súas actuación e, sobre todo, a desenvolver estratexias para superar con éxito todos os obstáculos que cada día atopan no camiño.

O Plan de Formación de ANHIDACORUÑA consta de CUATRO MÓDULOS:

viñeta20x20Dous deles dirixidos directamente ao profesorado: “Doce introdución á locura” e “Intervención pedagóxica na aula”.

viñeta20x20Un dirixido ao grupo de alumnos que comparten diariamente a escola cos nenos con TDAH: “Sensibilización na aula”.

viñeta20x20Un dirixido ás familias para garantir unha intervención compartida dende todos os ámbitos que rodean aos nenos.

Neste curso estamos a colaborar en actividades formativas con Centro de Formación e Recursos do Profesorado cunha gran acollida, co fin de chegar ao maior número de centros.

Se es mestre, e estás interesado en facer chegar a nosa proposta ao teu centro, pódeste poñer en contacto con nós a través da Coordinación de Formación na dirección:

helenaanhida@gmail.com

Idiomas disponibles


Formamos parte de

Colabora con nosotros

Unable to display Facebook posts.
Show error

Error: Error validating application. Application has been deleted.
Type: OAuthException
Code: 190
Please refer to our Error Message Reference.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies