Conferencia “Podemos falar de inclusión en Galicia?”

O xoves 6 de Setembro terá lugar a última conferencia dentro do ciclo “O TDAH non se vai de vacacións”, nesta ocasión aa conferencia ten por título “Podemos falar de inclusión en Galicia?” e será impartida por duas das profesionais de ANHIDACORUÑA, Alba Vila e Lorena Pena.

cartel

Nesta ocasión tamén contamos ca colaboración do Concello de Culleredo, así que a conferencia realizarase no Edificio de Servicios Múltiples de O Burgo, (Mira aquí a súa localización exacta), o xoves día 6 de Setembro as 19:00.

A conferencia está pensada para nais, pais, familiares de afectados e profesionais do ámbito clínico ou educativo que queiran adquirir unha visión actualizada da afectación e traballo en persoas con TDAH na nosa comunidade autónoma.

A asistencia igual que en anteriores conferencias é gratuita, únicamente é preciso formalizar a inscripción a través do seguinte formulario online. Recordamos que é preciso inscribirse xa que o aforo é limitado e nas anteriores duas conferencias completouse o aforo.

idiomas dispoñibles


& Nbsp; Editar Tradución

Formamos parte da

Colabora connosco

Unable to display Facebook posts.
Show error

Error: Error validating application. Application has been deleted.
Type: OAuthException
Code: 190
Please refer to our Error Message Reference.

Uso de cookies

Este sitio emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies anteriormente mencionadas e aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies