Captura de pantalla 2021-10-27 18.50.34

Descarga na seguinte ligazón o documento do manifesto en formato pdf

Descarga aquí

Unha persoa con TDAH ten unhas características, propias ao seu diagnóstico, que
interfiren no seu día a día: Dificultades para concentrarse, para xestionar o tempo e planificar, para rematar tarefas, para controlar os seus impulsos… Estes aspectos pódense mellorar e chéganse a xestionar ben cunha boa intervención multidisciplinar e temperá.

Levamos anos de palabras, de promesas, de boas intencións, pero o resultado son todo tipo de TRABAS e seguimos NO MESMO LUGAR, NO MESMO PUNTO DE PARTIDA. ANO TRAS ANO, NÉGASE a incorporación aos nosos/ as fillos/ as, con TDAH, nas Axudas ao estudo e subsidios para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo que xestiona o Ministerio de Educación. Onde outros colectivos SI teñen acceso. ¿Por que uns si e outros non? Isto chámase DISCRIMINACIÓN. TERIAMOS QUE ESTAR TODOS.

AGORA, atopámonos unha nova Estratexia de Saúde Mental para o 2021/24 que inclúe o TDAH dentro dos trastornos de conduta cando realmente é un trastorno do neurodesarrollo.

¿Qué podemos esperar das autoridades responsables do departamento de saúde mental se mostran este VERGOÑOSO DESCOÑECEMENTO sobre o TDAH?
TODOS OS DÍAS pais e nais enfrontados con profesionais da educación que se cren co DEREITO de negar e cuestionar un diagnóstico médico ¿faríano cun diagnóstico de diabetes?

TODOS OS DÍAS, os nosos adolescentes con 18 anos ven como se lles retira o seu tratamento e chégaselles a dar o ALTA…porque o TDAH é unha cousa de nenos/ as. ¿Qué pasa?…

¿Hoxe con 17 podo tomar unha medicación e mañá con 18 non?

TODOS OS DÍAS PERSOAS ADULTAS que son cuestionadas e incomprendidas pola súa contorna familiar, laboral e mesmo por profesionais da saúde que quitan importancia ao seu sufrimento e dificultade para xestionar a súa vida. Polo momento ocultan o seu diagnóstico para evitar sufrir. Imaxina que es asmático… ¿ocultaríalo? Non,… verdade?, porque a túa vida pode correr perigo. A saúde mental tamén causa dor e ten consecuencias durante toda a vida.

TODOS OS DÍAS É UNHA LOITA